Plantilla:Manifiesto/gl

De NoLesVotes
Saltar a: navegación, buscar
Nolesvotes001.pngManifiestoNolesvotes001.png
Asturianu · Català · English · Español · Euskara · Galego
Portada-img-bombilla.png

O vindeiro 22 de maio, os cidadáns españois están convocados ás urnas para votar os seus representantes públicos en todos os concellos e nalgúns parlamentos autonómicos. Os representantes elixidos terán ao seu cargo a xestión de milleiros de millóns de euros durante un período de catro anos, razón abonda para extremarmos as precaucións os votantes: ao longo dos últimos anos, o nivel de tramas de corrupción na política española disparouse de xeito alarmante en todo o arco parlamentar.

PSOE, PP y CiU son as tres formacións políticas que pactaron para resucitar a lei Sinde no Senado, unha lei que permite censurar Internet pola vía administrativa, sen unha intervención xudicial que garanta a tutela efectiva dos cidadáns. Ao xuíz que deba validar o peche estaralle vedado analizar o fondo do asunto, isto é, a vulneración de dereitos de propiedade intelectual ou a posibilidade de producir un prexuízo patrimonial por parte da páxina web da cal se solicita a clausura. A lei Sinde crea un “buraco libre de xuíces” onde a decisión é tomada por unha comisión administrativa nomeada polo goberno, para evitar o que ata o de agora estaba a acontecer: que os xuíces non lles daban a razón ás reclamacións da industria dos contidos.

A lei Sinde é ineficaz. Non aborda unha reforma integral da lexislación de propiedade intelectual, único camiño para favorecer a xusta retribución dos creadores e artistas no marco dunha sociedade de cultura dixital. Aínda así, e malia a oposición dunha parte importante da sociedade incluíndo creadores e artistas, PSOE, PP e CiU votaron a favor dela. Pesaron máis as presións de gobernos estranxeiros e de grupos minoritarios que o interese social. Pero non todo é culpa dos nosos representantes: nós elixímolos, por acción ou omisión.

Desde Nolesvotes.com consideramos que PSOE, PP e CiU faltaron á súa principal obriga coa cidadanía: defenderen a Constitución que xuraron ou prometeron acatar. A lei Sinde somete Internet a unha lexislación excepcional, co grave menosprezo aos dereitos á liberdade de expresión e de información e á tutela xudicial efectiva, posibilitando un maior control político da rede.

A túa decisión é importante. Non che pedimos o voto para ningún partido concreto, nin que votes en branco, nin que te absteñas, senón que te informes para comprobar que existen alternativas contrarias á lei Sinde en todo o espectro ideolóxico. Pedímosche que defendas a liberdade na rede co teu voto, non apoiando aqueles que cos seus actos se fixeron claramente merecedores dun voto de castigo.

O vindeiro 22 de maio, NON OS VOTES.

nolesvotes.com